Publicacións

Actividade 1ª: cómic aprendemos dos erros

Imaxe
  Como actividade segunda deste proxecto eTwinning era realizar un conto colaborativo, no que cada escola faría unha parte do cómic . O noso protagonista tiña que pasar por situacións de angustia na clase, na casa e cos amigos. Tocounos unha parte na que decidimos que os compañeiros o axudarían a superar matemáticas. Este foi o cómic que quedou: https://www.canva.com/design/DAGdUrwmDIY/7TsuXNw-VJTA_NtbbkuhXA/watch?utm_content=DAGdUrwmDIY&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=uniquelinks&utlId=h673dc0f6f6

2ª conexión

Imaxe
 Hoxe tivemos unha segunda conexión cos coles socios. Incluso nos atrevimos a cantarnos unhas cancións uns a outros.

Votamos logo

Imaxe
 Hoxe debuxamos logos para o proxecto e o votamos como se fosen eleccións. No vindeiro paso votaremos entre os centro o que nos gusta máis.                                                                             TODOS OS LOGOS REFLEXIONAMOS VOTAMOS GAÑADOR

1ª conexión

Imaxe
O venres 22 tivemos a primeira conexión cos países socios. Fixénola en 1°A. Bandeiras, idiomas, nenos e nenas, e comprobamos que a xente doutros países teñen a mesma aula que nós.

Preparando a primeira conexión

Imaxe
 O xoves 21 preparamos as bandeiras dos estados e países que participamos no proxecto. Nos reunimos na aula de 1ºB a traballar conxuntamente nas bandeiras de Galicia, España, Turquía, Italia e Grecia.

Como entrar coa conta do/a alumno/a

Imaxe
 Entramos no enlace: https://school-education.ec.europa.eu/en/pupil-login e introducimos usuario e contrasinal. Logo xa podemos ver páxinas, membros, etc.

Iniciamos proxecto eTwinning

Imaxe
 Boas e benvidos/as Iniciamos un proxecto eTwinning de ámbito europeo con escolas de Grecia, Italia e Turquía. Os cursos de 1º teremos unhas reunións en liña con outros alumnos e alumnas, traballaremos sobre o significado dos erros na vida, etc. Aquí iremos actualizando as novas